
Como foi comentado no seu momento, alá por Xuño un relato meu fora gañador do XXIII Concurso de Contos para a Mocidade. Agora os organizadores, a Casa da Xuventude de Ourense e a Agrupación de Libreiros da mesma cidade, Xunta mediante, veñen de publicar o libro "Inventario de nubes e catro contos máis" co meu conto e os catro gañadores dos accésits (Beatriz Lorenzo, Mario Otero, Miguel Segador e Alba Cid), axiña estará nas librarías.
Por outra banda, tamén podedes descarga-lo meu conto e os relatos gañadores dos anos anteriores (Anxos Sumai, X. C. Caneiro, Riveiro Coello, Vázquez-Monxardín, Eva Moreda, etc.) na páxina da Casa da Xuventude en "Actividades" e logo "Concurso de contos". Tamén figuran as bases deste ano. Podedes descargar o meu conto directamente aquí, pero non os catro accésits.
Para non extenderme máis, colgo a continuación a nota de prensa da organización. E desde aquí quero facer público o meu agradecemento a toda á organización do premio, especialmente a Benito Losada.
Nota de prensa:
“Inventario de nubes e catro contos máis”
Ven de publicarse o libro “Inventario de nubes e catro contos máis”, que recolle o Premio Ourense de Contos para a Mocidade de 2006, así como os catro accésit da 23ª edición da convocatoria que realiza a Casa da Xuventude e a Agrupación de Libreiros de Ourense, co patrocinio da Concellería de Cultura, Festas e Festival de Cine do Concello de Ourense e a Delegación Provincial da Igualdade e do Benestar, como contribución á festa do Día das Letras Galegas.
O conto premiado, que da título ao volume, “Inventario de nubes” é de Francisco Castiñeira Romar, coruñés de 29 anos; segundo di o autor: “está estructurado en dez partes, cada unha delas cun tipo de nube como eixo, que lle valen ao atormentado protagonista-narrador como fío para tecer a súa historia en primeira persoa. Foi pensado para intercalar cada unha destas dez partes (dez nubes) polo medio doutra escolma de relatos que xa teño redactado e da que ando na procura de editora”
Tamén se publican os catro accésit, que recaeron en Beatriz Lorenzo, de Ourense, polo conto “Laranxas amargas”; Mario Otero Iglesias, do Corgo, Lugo, polo conto “Mathematica”; Miguel Segador López, de Ourense, pola obra “Orfeo Alleado” e Alba Cid, tamén de Ourense, polo conto “Un acordeón para a nostalxia” —este último, dentro do apartado de menores de 18 anos—.
Aparte do libro, Francisco Castiñeira recibiu 750 euros, e cada un dos catro accésit 200 euros de premio.
Ao concurso presentáronse trinta e nove contos de trinta e cinco autores procedentes de toda Galicia. O Xurado estivo composto por Serafín Alonso, Raquel Feijoo, Marco Valerio Lama, Nieves Pérez, Mª Xesús Sarmiento e Benito Losada, como secretario sen voto.
A entrega do premio fíxose o pasado 3 de xuño, na Feira do Libro de Ourense.






8 orballando, e ti?:
PARABÉNS e o maior SUCESSO, é o que te desejo.
Pode-se comprar o livro em qualquer livraria da Galicia?
Bicos e bon fim de semana :)
i o relato teu pódelo subir?
Parabens!!!!! lembro moi ben a nova cando a contaches e alegrame moito que xa sexa libro. Apertísimas ao lonxe (algo máis lonxe ;-))
Antes de nada, gracias a todos, os que aquí me felicitades e os que o fixestes por emilio.
Micas: non teño os detalles da distribución, só sei que se van repartir 100 exemplares dos 1000 tirados nas librarías, pero non sei en cales, se en Ourense (o premio foi dado polos libreiros desa cidade) ou en todas, tampouco sei canto custa.
Sarijess: o conto xa está colgado. Está en pdf na páxina da Casa da Xuventude (www.casaxou.com) en "actividades" e "concurso de contos".
Noraboa que así da gusto e agora mesmo vou ler o conto, apertas cheas de calor para as terras xermanas!
Parabens rapaz
Veña, vou cambiar o ton e ser menos altruísta, á miña curiosidade gustaríalle saber en que vai gastar a fortuna do premio :)
Fortuna?? Vostede mirou ben??
Dicían os Suaves: "la mitad de mi dinero gastada / en fiesta, vino y mujeres / la otra mitad malgastada / cumpliendo con mis deberes"
A "fortuna" xa está gastada. Por esas datas dinlle un carallazo ó coche e gasteino en amañalo. O coche está vendido pero a satisfacción queda, e o libro está aí.
Postar um comentário