
Así se dirixen algúns xefes dun hipermercado contra os seus traballadores se os oen falar galego. Non vou entrar en detalles, mais é un hipermercado da avenida Alfonso Molina na cidade da que Alfonso Molina foi alcalde. O seu nome empeza por "C" e remata por "arrefour", e non digo máis que me perdo. Tedes aquí e aquí máis detalles da nova.
Xa sei que o 99% dos casos de discriminación por causa da lingua en Galicia son contra os castelanfalantes, mais coido que non deberiamos quedar calados ante este caso, por illado que sexa.
Así que aconséllovos que escribades xa ás asociacións que promoven a igualdade de dereitos lingüísticos na nosa terra.
- Mesa por la Libertad Lingüística
- Galicia Bilingüe
- Asociación Gallega para la Libertad de Idioma
- Os do tanga
- etcétera
(Si, todo foi con retranca...)
(Non, non... a nova por desgraza é real)




1 andan orballando:
Por suposto que é moito mellor a última opción, a de decirllo directamente os do hipermercado. Eso é o que vou facer.
Enviar um comentário