

A semana pasada (viva a miña actualidade informativa) estiven no estadio muniqués Allianz Arena vendo o partido da Copa da UEFA entre o Bayern e o Anderlecht de Bélxica. Coido que é unha visita interesante para todo amante do fútbol e/ou da enxeñería e arquitectura. Pouco sei disto último, mais o recinto agradoume: precioso por fóra, moderno, cómodo e confortable por dentro. Dá a impresión de estar nun estadio pequecho, coma o meu querido Riazor, cando en realidade caben alí case setenta mil almas. O seu párking disque é o máis grande de Europa, e ainda deben estar a pagalo, porque cravan un mínimo de 10 Eypos (collede o bus). Por fóra cambia de cor: vermello cando xoga o FC Bayern, azul cando xoga o outro entrañable equipo muniqués, os Leóns do TSV 1860, e un neutral branco como, por exemplo, canda os últimos mundiais de fútbol. Como defecto, non ten calefacción e papei un frío de nabo.
Do partido, pouca historia. Era o partido de volta de octavos da UEFA, mais na ida os bávaros esmagaron os belgas por 0-5 e estaba case todo decidido. O Bayern xogou ben os primeiros 15 minutos, púxose 1-0 e durmiuse. Os siareiros do Anderlecht, que se desprazaron en masa ó sur de Alemaña para ver unha eliminatoria perdida e que non deixaron nunca de animar, levaron o seu premio e o seu equipo (histórico de Europa moi vido a menos) venceu finalmente por 1-2. Ainda así o Bayern pasa e enfrontarase ó Getafe.
Cáeme mal o Bayern, dígovolo claro, polas mesmas razóns polas que aborrezo toda a movida arredor do Real Madrid. Na Baviera parece que hai que ser do Bayern por decreto, teñen máis cartos ca ninguén, de nada que sae un bo xogadorciño na Bundesliga mércano, gañan case sempre tódolos títulos nacionais... mais non hai sentimento, só pasta. Os siareiros, fríos, só animan cando a súa escuadra manda no campo, cando veñen mal dadas, pasan.
A megafonía é bastante coñeira. Cando marcaron o gol, soou unha música bávara e, aí si, os afeizoados erguéronse e levaron o ritmo coas palmas. Logo o speaker armou un simpático diálogo coa masa social do FCB:
- Gol no minuto tal do FC... (megafonía)
- Bayern!!!!!! (berran todos)
- Do número sete...
- Lucio!!!!!!!!!!
- Bayern un Anderlecht...
- Cero!!!!!
- Danke! (Grazas)
- Bitte!!!!!!!!!!!! (De nada!) - e todos volven sentar.
De todos xeitos, todos sabemos que non foi Madrí nin Barça o único equipo do estado español que lles gañou ós do Bayern no seu propio feudo na Copa de Europa, daquela no Olimpiastadion. Que tempos aqueles...
E desconecto temporalmente porque marcho de minivacansas a Budapest con Anniña. Felices Pascuas a todos e non vos pasedes cos cilicios e a autoflaxelación.
18 Março 2008
Allianz Arena
Etiquetas:
Bavaridades,
Fúrmbol,
Viaxes por aí
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)




8 andan orballando:
Parabéns pola crónica. A min tamén o Bayern cárgame un pouco. Saúdos.
Nada mal, eu tb estive numa Arena, não a Allianz de Munique mas a de Oberhausener, não para ver futebol mas os "The Cure" ;)
Boa Páscoa para ti também e boas férias com a tua Aniña :)
Unha aperta
Eu fun unha vez a un partido entre o Celta e o Deportivo e foi toda a miña experiencia futboleira vital.
Boa viaxe a Budapest.
Eu nunca esquecerei a sensación que tiven a primeira vez que vin o fútbol nun estadio grande, e iso que a min o fútbol como deporte nunca me dixo grande cousa, sempre me atraeu máis a perspectiva sociolóxico/política do tema.
Tes que falarnos un día do equipo dos punkis de Hamburgo, que seica non gañan nada, pero parecen boa xente.
Que bonito o estadio. Seica a reforma que lle van meter ao Camp Nou inclúe tamén un xogo de luz con paneis de cores. Vai ficar bonita Barcelona as noites fitboleras.
Un saúdo.
Suponho que em todas as ligas há um equivalente ao Real Mandril ou ao Bayern...
Hola!
É a primeira vez que paso por aquí. Atopeite casualmente dende un blog que te tiña ligado. Gustoume o relato este, sobre todo polo que pos ó final de que todos sabemos quén foi o único equipo do estado español que lles gañou ós do Bayern no seu propio feudo na Copa de Europa. Sí señor!
Saúdos dende a beira de Riazor!
Boa crónica deportiva.
Saúde
Enviar um comentário