26 Fevereiro 2009

Apostas perigosas



Apostar nunca foi o meu, mais tanto me amolaron os compañeiros co seu FC Bayern e que este ano van arrasar (só porque gañaron 5-0 a unha panda chamada Sporting de Lisboa) que apostei unha Kasten Bier, ou sexa, un caixonciño de birras como o da foto, a que os bávaros NON gañarán este ano a Liga de Campeóns.
A caixa está no peto. Todo está ben mentres non ma fagan beber...

4 orballando, e ti?:

Raposo disse...

Esa aposta tela ganada, meu!

torredebabel disse...

e se ti gañas, tes que beber toda unha caixa???

Mr Tichborne disse...

como tenha que chumar 25 cervexas de medio litro cada unha non sei eu se pagará a pena a aposta...

Bea disse...

Ben perigosa a aposta, e sobre todo porque de certo tela gañada!