08 Fevereiro 2009

De videoclubes xenófobos

_



O outro día fun con Anniña a facerme socio dun videoclube de Regensburg, pertencente a unha cadea espallada por toda Alemaña.
Pregunto polos prezos, os regulamentos de alugueiro dos DVDs, todo ben. Quero inscribirme. Pídenme un carné de identidade e, obviamente, amósolle o DNI español. Dime que non, que ten que ser un documento alemán, supoño que semellante o que tedes enriba (xerado aquí).
Mosqueado, amósolle o meu permiso de conducir, pensando tamén que o videoclubeiro tampouco ten por que coñecer documentos de identidade doutros países e noutros idiomas. É o permiso de conducir común para toda a UE, sen máis diferencias que no curruncho aparece un "E" para o estado español e un "D" para o alemán.
E para o noso abraio tampouco lle vale, argumentando que as reglas da empresa (ignoro se para esa filial ou para toda a cadea World of Video) esixen a presentación dun documento de identidade alemán. Algo que eu non teño nin terei, porque non teño a nacionalidade alemá, e algo que contravén a lei alemá e da Unión Europea. Só podes facerte socio se es alemán, vamos.
Nunca tal me pasara. Cos devanditos documentos do meu país puiden facer un contrato de traballo, alugar un piso, conducir un coche, empadroarme no concello, identificarme perante policías bávaros pesados e podería, dado o caso, facerme unha Visa ou pedir un crédito. Pero non podo gastar os meus cartos en alugar un DVD nese videoclube (bastante cutre, por certo) exclusivo para alemáns. Incrible. Racista e xenófobo. E sobre todo absurdo. Para empezar para o seu propio negocio, porque lle impide á chea de inmigrantes estranxeiros de Alemaña gastarse os cartos aí.
Hei saber onde podo denunciar este trato e cómo. Polo de agora, que lles dean. Acadarei as películas noutro garito.

Probo noutro videoclube, deliberadamente co mesmo procedemento. Tamén enrugan o fociño ó ver os meus estraños documentos de identidade, mais a única chata que lle vén é que non consta o meu enderezo. Así que me piden o documento de padrón na cidade (?) ou calquera outro onde conste onde vivo. Acepto. Coméntolle o caso do outro videoclube. Flipan. Miro arredor. É tres veces máis grande, máis molón, pelis interesantes, dependentes amables. Así que insisto: ós World of video, que lles dean.

8 orballando, e ti?:

Kaplan disse...

parece mentira que sigan pasndo estas cousas. síntollo.

Matachin disse...

Os empleados dos videoclubes sempre foron ben rariños, mira ao de Clerks...

Tiñádelo que ver disse...

Con estas cousas que contas só se me ocurre unha cousa:
A Unión Europea só vale para que todos poidamos mercar en Carrefour.
Unha vergoña!

Sara disse...

"World of video"... pois si, de película...

ekis1331 disse...

Ups... desculpa, o de arriba son eu, esquecín cambiar de conta...

Suso Lista disse...

Debe ser por eso que hai tanto pirateo de pelis...Conaqueoscaghou. Saúdos

Suso Lista disse...

Debe ser por eso que hai tanto pirateo de pelis...Conaqueoscaghou. Saúdos

Micas disse...

Que coisa estranha...nunca me aconteceu nada parecido cá em cima, se eu estivesse no teu lugar teria-lhes dito que estando tão empenhados em ter só socios alemães, deveriam começar por mudar o nome (inglês) para alemão, não vão os sócios confundir...