
O programa da Radio Galega O Tren do Serán, conducido por Cristina Lombao, vai estragar mañá unha conferencia telefónica a Alemaña para preguntarlle a non sei quen cousas sobre a emigración, a literatura, os contiños, a neve que non dá frío, Ratisbona-Regensburg, a morriña e o que se nos vaia ocorrendo.
Emitirase nas ondas a partir das 16:05 de mañá mércores e tamén se pode escoitar en directo na súa web.
Logo coido que penduran
Deica mañá.
Pois aquí o tedes. As miñas paridas óense ó comezo. Desde aquí agradézolle a Cristina que me fixera as cousas doadas e, finalmente, pasáramos un bo rato. E logo non sei se foi premeditado ou non, pero pechar a entrevista co Paradise City foi un puntaso.
Noutra orde de cousas, recoméndovos logo a conversa co escritor Francisco Fernández Naval (contra o minuto 44) arredor de Rayuela de Cortázar. Máis do que di, a súa encantadora timidez e a emoción coa que fala sobre unha obra que ama.
Unha experiencia, isto da radio. Que rara me soa a voz, deberon ser os nervios.
Supoño que habería algunha forma mellor, mais son negado. Grabei a entrevista "a pelo" e colgueina. Aquí a tedes para quen non lle furrule a ligazón anterior. Perdoade a calidade de son.






8 orballando, e ti?:
que lle vaia ben na entrevista (e non esqueza poñer enlace)
Intentarei escoitalo cando poñan o podcast, teño problemas para escoitalo en directo.
Un saúdo.
Arredemo!! Vaia paralelismo "póstico". Eu publiquei hoxe un post referido tamen ó mundo radiofónico. Fastidiame non ter chegado a tempo para escoitá-la entrevista, e por culpa do meu relamido sistema Mac Os non consigo reproducir o windows media player no que está colgado o podcast... shit!!!
Ekis, é que os maqueiros tedes un sistema moi demasiado "guai" :)
A outros pasoulles o mesmo, debes ter o reproductor da mafia Microsoft.
Pregunta xeral: Alguén ten idea de como baixalo ó ordenador, en formato sonido ou como sexa?
A movida é que o reproductor si o teño, sen embargo á hora de reproducir un arquivo tal colgado na rede teño problemas... un execútanseme sen problema, outros quédanse enbuclaos, so, nin idea...
Ah! por certo, un lapsus... o arquivo de son que está colgado non é un podcast, é un arquivo de son (wav ou mp3 máis probablemente) xuxtaposto vía wmp, un podcast é un arquivo mp3 descargable e reproducible nun mp3 portátil (ou no ordenador claro) que sería o perfecto para que os que non escoitamos a entrevista o poideramos facer.
Correxido. O caso é que non teño nin idea de como o facer. E non es o único co W.Mediaplayer que así e todo non pode escoitalo.
Entretenida e interesante a entrevista, e tí falaches con tranquilidade, nada de nervos. E o que máis me gustou e o ben que falaches dos alemans.
Que sigas feliz en Regensburg.
Postar um comentário