(foto de aquí)Gorentoso, non? Estes doces son coñecidos en Baviera como Krapfen, e son tan típicos do Antroido como as nosas filloas ou orellas. É un bolo doce recheo de marmelada, coa particularidade de que non se fai ó forno senón fretido en graxa ou aceite. E cando se serven varios, olliño, porque pode algún recheo de mostaza. O humor bávaro...
No resto de Alemania chámanlles Berliner, mais sería estúpido chamarlles así no propio Berlín, así que aló dinlles Pfannkuchen, isto é, pastel para a tixola.
O que me leva a que nós temos filloas, os franceses crêpes, os asturiáns frisuelos, coas súas variacións. Os alemáns teñen tamén as súas filloas, normalmente feitas con manteiga, e dinlles... Pfannkuchen. Si, ese palabro xa saiu antes. Os berlineses teñen ese nome para os Krapfen/Berliner así que ás filloas/Pfannkuchen chámanlles Eierkuchen (pastel ó ovo). A diferencia con nós, polo menos pola miña experiencia, é que non son típicas de antroido senón que as hai todo o ano, sobre todo nos seus pantagruélicos almorzos de mañá dos fins de semana.
En resumo, os xermanos son uns volteeiros e barullantes co seu idioma. Mais como son tan larpeiros coma min, perdóollo todo.
Anniña tírame das orellas e dime que moi mal, que o nome auténtico é Berliner e que veñen da Renania, a súa terra, ben antroideira. Non entro en polémicas mais deixo constar a súa opinión. De feito, para rematar o barullo, os Krapfen desa rexión son outro tipo de doces, tamén fretidos en graxa pero sen recheo de marmelada.






5 orballando, e ti?:
Mmmmmmm!! Coido que quedo con eses boliños tan coloristas e probablemente tan hipercalóricos e colesterólicos no canto das filloas. É que non sei se viaxando curarase o nacionalismo, pero dende logo pódese engordar a saco. Terás por aí a receita?
Non os cambio polas filloas (pois non, o nacionalismo non se cura viaxando) mais, por que elexir?
Aquí a receita. De nada!
http://www.recetasmicocina.com/categoria_22877_Panes+y+bollos-Krapfen.html
Berlinesas dinlle tamén por aquí. Eu quédome coas filloas :)
走光,色遊戲,情色自拍,kk俱樂部,好玩遊戲,免費遊戲,貼圖區,好玩遊戲區,中部人聊天室,情色視訊聊天室,聊天室ut,成人遊戲,免費成人影片,成人光碟,情色遊戲,情色a片,情色網,性愛自拍,美女寫真,亂倫,戀愛ING,免費視訊聊天,視訊聊天,成人短片,美女交友,美女遊戲,18禁,三級片,自拍,後宮電影院,85cc,85cc免費影片,免費影片,線上遊戲,色情遊戲,日本a片,美女,avdvd,色情遊戲,情色貼圖,女優,偷拍,情色視訊,愛情小說,85cc成人片,成人貼圖站,成人論壇,080聊天室,080苗栗人聊天室,免費a片,視訊美女,視訊做愛,免費視訊,伊莉討論區,sogo論壇,台灣論壇,plus論壇,維克斯論壇,自拍
Postar um comentário