Este non é un blogue de moitas visitas, nin o pretende. Pero como a ninguén lle amarga un doce, de cando en vez consulto un servizo de estatísticas, o Motigo, que me informo do número de visitas e máis ou menos desde onde vos conectades. Coido que isto último é intromisión na intimidade, mais nin son datos que me interesen nin son moi exactos. Tan só o número de entradas, que post foron máis interesantes... eu que sei. A un tampouco lle agradaría saberse o seu único lector.
O caso é que onte de madrugada pendurei a última postaxe, que podedes ler ó pé desta. E consulto hoxe o Motigo e percebo abraiado que nada máis publicada a postaxe tiven arredor de trinta visitas... en cinco minutos!! A estupefacción aumenta cando vexo que a meirande parte veñen de Estados Unidos, con algún de Canadá e mesmo Malasia. Cero galegos, cero españois ou lusófonos.
Ou os ianquis aprenderon galego e se interesan vivamente na repercusión da manifa de Galicia Bilingüe, ou o jujel amosou este blog como resposta a unha busca en fala inglesa. Resposta errónea, claro. Tal como chegaron, marcharon. Asinaba ter ese número de visitantes cada día, pero visitantes como é debido, non rebotados.
Ocórresevos o que puido ser? Non percibo palabras coincidentes con outras do idioma inglés para este trabucamento. Mais sorrío coa expresión dos anglosaxóns que se deixaron caer rebotados por aquí e tras ver que non entendían pan pechaban a xanela do explorador, rosmando algo como what the f*ck...? Volvede, ho, que o galego non é tan difícil! Agás para Lago e a Porro, claro.
Manual para ser poeta
-
Gústame moito o vídeo realizado polo alumnos de 3º de Primaria do CEIP
Infante Felipe de Salvaterra sobre o «Manual para ser poeta», que está no
meu libro*...
1 dia atrás






3 orballando, e ti?:
Agardo que o meu comentario non tivese nada que ver: apartheid (meu) + germany (teu)? Has de poñer algunha ferramenta mellor, desas que che din que cadea de palabras buscaba que entrou. Xa verás que risas.
Grupos supremacistas brancos buscando aquí información? A imaxinación dispárase. Mirarei nas opcións secundarias da miña ferramenta.
O "Mario" tem toda a razão, é de rir ver quais as palavras procuradas no google e que originam as mais inesperadas visitas...;D)
Pois, as da Malasia, Vietname ou afins é que não faço a menor ideia do que procuram ???
Bo fim de semana (de neve por aqui)
Postar um comentário