
Veño de paparme o famoso documental Zeitgeist (título alemán para unha obra americana) de Peter Joseph. Son dúas horas moi ben narradas na que se tocan moitos paos: a xenealoxía das relixións, os sucesos do 11-S e o que lle sucedeu no tempo e cómo actúa a Reserva Federal e o poder económico en xeral. Parecen temas diversos e dispersos, mais son enfiados nun todo.
É un documento duro e ferozmente subxetivo, o cal non é un defecto xa que non cae no maniqueísmo que tenta combatir. Se hai unha palabra que o resume é manipulación: cómo somos enganados e manipulados e qué podemos comezar a facer para solucionalo. Ben, nós non. Non nos menciona, e ese embiguismo sí que é un defecto: a súa diana son os cidadáns estadounidenses, esquecendo o demais.
E o resultado: verdades do barqueiro, teorías interesantes (sobre todo o da astroloxía e as relixións), bos apuntamentos e cousas collidas polos pelos ou directamente delirantes (a teoría do das Torres Xemelgas é excesiva, créomo todo da administración Bush pero o que se di aquí é moi serio - e non quero estragar nada por se o vedes) e a sensación de, como en tódolos documentais USA, de que tentan venderche algo.
En fin, que me pareceu moi interesante, máis como punto de partida para o debate ca coma verdade absoluta , o cal coido que é o seu propósito. Recoméndovolo.
- Zeitgeist en Google Video, con subtítulos en español
- Páxina web da peli. Como veredes, hai xa unha segunda parte (que non vin) e preparan a terceira.
Nota: A palabra Zeitgeist é un agasallo para o mundo do idioma alemán, e úsase decote en filosofía e historia. Significa "o espíritu (Geist) do tempo (Zeit)", ou sexa, o clima ou características que definen ós pertencentes a un periodo ou era. Por exemplo, dá nome tamén ó recomendable álbum de regreso dos Smashing Pumpkins, case coincidente no tempo co documental mais coido que sen relación ningunha entre ámbolos.






2 orballando, e ti?:
Oín falar del, teño curiosidade... en canto ó disco dos Pumpkins, tiña entendido que era unha pifia, terei que botarlle unha orella.
O disco non está mal, non é a mellor obra dos Pumpkins mais a min gústame, lémbrame ó "Gish". Pa ghustos.
Postar um comentário