Ben, non o entendo. Transcribo a introducción da nova:
A presidenta da Fundación Herederos de la Mar, Marisol Moreda, aporta desde Madrid tres reflexións “tras o resultado das eleccións en Galicia” nas que inclúe a indignación de Herederos de la Mar polo CD subvencionado por Cultura “Galicia es una mierda” e pide que se retire do mercado.Dúbidas que me atormentan:
A primeira das reflexións de Herederos de la Mar consiste en “felicitar ao partido gañador”. A segunda reflexión é amosar “a nosa indignación pola edición subvencionada, por parte da Consellería de Cultura, dun CD sobre a música que se fai en Galicia na que aparece una canción titulada Galicia es una mierda” e pídelle “ao PP que o retire do mercado cando chegue ao Goberno da Xunta”.
- Segundo a súa web, é unha fundación para a defensa dos intereses dos mariñeiros e as súas familias, o que está moi ben. Pero, cal é a relación entre un CD de música e os cometidos da fundación?
- Está o CD de verdade subvencionado pola Consellería de Cultura? Coidaba que a edición física en CD era limitada, xa que sempre se puido descargar de balde na Regueifa Plataforma. En todo caso, o CD é editado pola Regueifa, unha entidade privada, non pola Consellaría.
- A señora Moreda puido pedir a retirada da subvención, pero pide A RETIRADA DO DISCO DO MERCADO. Pódese facer iso? Retirar os libros, discos, etc, que teñen un título que non nos gusta?
- É a señora Moreda galega? En caso afirmativo, sabe o que é a retranca? Escoitou a canción? Porque se os Escampe pensasen que Galicia é unha merda, non cantarían en galego. En caso negativo, se non é galega, que máis lle dá?
- "Herederos de la Mar"? Que clase de nome é ese? Van eles herda-lo mar cando palme o dono? Quen é o dono?
- "desde Madrid"? Unha asociación de mariñeiros con sé en Madrid? Non sei de que me extraño, se o Instituto Español Oceanográfico tamén ten sé en Madrid.
- Son os da banda antigalegos, malia cantaren en galego? Son os da asociación Herdeiros da Crus, digo, da Mar, progalegos, malia non teren unha soa liña na web no noso idioma, que é falado pola grandísima maioría dos mariñeiros da nosa terra?
- Pode o Goberno da Xunta, ou o Central, retirar discos do mercado? Non era unha cousa dos xuíces, e só se se meten co Borbón (ainda que ese é outro tema)?
- En caso afirmativo, quen é competente? A Consellaría de Pesca?
- Non había outro xeito de saír nos xornais? Se queren facer leña do goberno saínte, non fai falla utilizar o traballo de terceiras persoas. As eleccións xa pasaron, este peloteo xa non é necesario.
- Todo isto vai en serio? Reafírmome en que todo é unha maquiavélica montaxe dos AE para saír do anonimato. Ou iso é o que quero crer. Cachis la mar.
- Por que lle adico un post a isto? Que estou a facer coa miña vida? Aaaagh!






8 orballando, e ti?:
Mimá, nin un mes dende as eleccións e xa se veñen arriba desta maneira, Galicia es una mierda!!!
No hables asín de nuestra bonita región, a ver si ti retiramos a ti también del mercado :D
Que historia tan fantástica! Definitivamente, o noso é un país de tolos. Un saúdo.
Cando saiu o temazo este houbo quen comentou nun foro que "si se chega a titular 'España es una mierda' a que se monta". Pois parece que se vai montar igual. É o que ten a falta de retranca.
Por certo, a resposta ao punto 5 é que si, a mar ten dono, é do pai de Celso Emilio Ferreiro, que parafraseaban Os Diplomáticos de Monte Alto: "Miña nai deume os camiños e o meu pai deixoume o mare, non tiñan máis que deixarme
nin eu penso máis deixare".
Están tolos estes madrileños... Parece unha broma, demasiado bestia para ser verdade. A canción non a coñecía, pero está xenial. Alégrome de que a música galega siga a dar tan boas bandas.
Que maliños son , meu Deus!
Compren moreas de xenerosidade para atopar nos seus temas humor, calidade, retranca ...
Home, si, é cuestión de xenerosidade, se cadra, sei que non teñen unha calidade exquisita, pero parecéronme simpáticos, irónicos, un daqueles grupos que tiñamos antes, naqueles anos de mocidade, que nos facían rir e bailar e sentirnos libres para cantar o que nos daba a real gana. Supoño que son cousas da idade, que vemos que nos facemos maiores e escoitar algo así nos devolve aos vellos tempos.
Traveseiro, encántanme eses versos e esa canción, agora me entero que o dono deles e do mar era un de Celanova, gracias!
Rabodenube, a calidade é cousa de gustos e respeto os teus, mais a retranca é incuestionable. Aos que pensan que "Galicia es una mierda" dinlles "todos os traumas xa chos escoitei, mais ti es parvo dabondo tamén".
Saúdos a todos.
Postar um comentário