Xa navega o nº 32 da Revista Dorna de Expresión Poética Galega, que argalla xente coma Mario na Universidade de Compostela, e entre outros portos, para a miña ledicia, atracou na miña caixa de correos bávara. O volume, como o seu apelido indica, está hexemonizado pola poesía, moita e moi boa (Alba Cid, Arsenio Iglesias, María do Cebreiro, Hai-cús do Leo, e un marabilloso achegamento en "Voces de fóra" ó poeta árabe Mahmud Darwish - pero mellor mirade o índice de autores) mais deixa xenerosamente pequenos currunchos á crítica, o teatro (Rubén Ruibal e Roi Vidal) e a narrativa (Estíbaliz Espinosa, unha de Mallou...) ... e neste cornecho participo eu humildemente co meu relato Vitorias, que non é poesía nin o pretende pero "vai de" poesía e poetas.
Manual para ser poeta
-
Gústame moito o vídeo realizado polo alumnos de 3º de Primaria do CEIP
Infante Felipe de Salvaterra sobre o «Manual para ser poeta», que está no
meu libro*...
1 dia atrás







2 orballando, e ti?:
Alégrome que gostases, xa pensei que non che chegara ou algo pior ;-)
Chegou ainda o venres, xa andaba impaciente! Gustoume moito, ainda que non me deu tempo a miralo todo. Noraboa polo voso traballo.
Postar um comentário