08 Março 2009

O afundimento


Malia o título, a postaxe non vai sobre Touri e o bipartito. Trátase do filme alemán Der Untergang (O Afundimento) que tanto deu que falar hai uns anos. Papeino o outro día (versión extendida para a TV de case tres horas e poucas ganas de ir de marcha o venres noite) e gustoume moito, máis polas preguntas que deixa que polas conclusións que saca.
Dirixido por Oliver Hirschbiegel e producido a todo trapo e sen reparar en gastos, converteuse duns dos filmes alemáns máis exitosos de tódolos tempos. A historia é sabida: os derradeiros momentos de Hitler e os seus máis fieis no bunker de Berlín xa cando a derrota contra os rusos era inevitábel.


Os actores están enormes. Sorprendeume Bruno Ganz, o anxiño caído e bonachón de O ceo sobre Berlín ou o profesor da actual O Lector, coa premiada Kate Winslet, demudado nun ser tan abxecto coma o Führer, enfiando un personaxe fascinante e repulsivo a un tempo. Enfermo e deprimido, mais iracundo e irracional ata ó extremo, paranoico contra verdadeiras e falsas traizóns e superado por unha derrota que malia tódalas evidencias é incapaz de asumir, é un retrato da soidade. Tan só está ó seu carón Eva Braun, coa que casa e logo se suicida.
Logo está todo o teatro que o arrodea, a cúpula nazi fiel ata a cegueira co seu Führer (Himmler, Speer...) que ve aparecer primeiro as dúbidas e logo a desesperanza cando aumenta a intensidade da artillería soviética. Entre elas Traudl Junge, a súa secretaria persoal, inocente e noviña, ignorante dos verdadeiros horrores do nazismo, que en teoría é a narradora/testemuña dos acontecementos. A filmación ábrese e péchase coa alocución da propia Frau Junge. E logo o fanatismo fiel do seu exército e fieis, dispostos a pegarse un tiro na boca antes que entregarse ó enemigo ou capitular, a única saída lóxica.

O que nos leva ós Goebbels, o carácter máis estarrecedor da historia. O Joseph Goebbels, autor da propaganda que levou á tolemia a un país enteiro, o único cargo civil dentro do bunker, un psicópata fanático ata o extremo, encirrando sempre ó Führer contra a racionalidade. A súa muller Helga, arrepiante e fascinante, convertida na nai prototipo e símbolo do nazismo e de Alemaña. Perto do remate os Goebbels levan ó bunker a súa prole de fillos, que cos seus xogos fan un violento contraste co ambiente enfermo e derrotista do refuxio. Antes de caer definitivamente, e con Hitler xa morto, Helga envelena ós seus fillos, convencida de que é mellor rematar coa súa vida que condealos a vivir nun mundo sen nazismo. Despóis ela e o seu marido suicídanse. Impresionantes os intérpretes, Ulrich Matthes e Alina Sokar.
A película non estivo exenta de polémica. Non pola súa calidade, impecable, ainda que a súa metraxe paréceme excesiva, senón por amosar a Hitler e os nazis como seres humáns e a Alemaña como vítima da guerra. E aí está o novedoso, nunca se filmara unha historia con esta perspectiva, xa sexan películas puramente bélicas ou centradas na represión nazi, o holocausto ou a resistencia, nunca sobre o propio Hitler.
Na miña opinión, se pensades que se retrata ó fillo do alfandegueiro austríaco como un tipo bondadoso e enrollado, trabucádesvos. Era un cabrón fanático, ignorante e carraxento, e os do seu arredor eran coma el ou peores. Mais, ainda que nos doa, os nazis eran seres humanos, non monstros doutro planeta, e iso é o aterrador: cómo chegaron aí, cómo un pobo puido seguilos ata a loucura, esa son as cuestións que plantexa a obra. Si, é humano, e nada hai máis humano que a derrota.
Mais coido que non obvia todo o horror dos nazis nin emite un xuízo benévolo, senón todo o contrario. Adolf reflexiona en alto e lamenta a oportunidade histórica perdida, a caída do ideal nazi polo bolchevismo e os aliados, mais fachendea acto seguido de que polo menos limpou o "espacio vital" (Lebensraum) alemán da "escoura xudía". Seis millóns de xudeus foron exterminados. Había millóns en Alemaña, eran a máis grande minoría étnica do país, non se entendía a sociedade, o pensamento, a cultura e a ciencia sen eles. Hoxe quedan moi poucos, quedan poucas pegadas, todos foron exterminados neses anos ou fuxidos. Por iso non estou seguro de que Hitler fora derrotado, porque ese grande obxectivo foi atinxido. E xa sei que non só foron os xudeus. Porque o mundo que veu despois non foi moito mellor, porque os principios de propaganda e manipulación de Goebbels seguen rexindo hoxe en día, porque non foron derrotados.
Lémbrame a unha obra ben distinta, o conto Deutsches Requiem de Jorge L. Borges (sempre Borges), que conta as últimas reflexións dun nazi condenado a morte nos xuízos de Nuremberg polas súas torturas e asasinatos nun campo de concentración, incluído un poeta xudeu que admiraba. Otto Dietrich zur Linde coñece a derrota, é preso, mais nesa derrota coñece unha extraña ledicia porque entende que os seus ideais non foran vencidos, senón asumidos por outros:

(...) Muchas cosas hay que destruir para edificar el nuevo orden; ahora sabemos que Alemania era una de esas cosas. Hemos dado algo más que nuestra vida, hemos dado la suerte de nuestro querido país. Que otros maldigan y otros lloren; a mí me regocija que nuestro don sea orbicular y perfecto.
Se cierne ahora sobre el mundo una época implacable. Nosotros la forjamos, nosotros que ya somos su víctima. ¿Qué importa que Inglaterra sea el martillo y nosotros el yunque? Lo importante es que rija la violencia, no las serviles timideces cristianas. Si la victoria y la injusticia y la felicidad no son para Alemania, que sean para otras naciones. Que el cielo exista, aunque nuestro lugar sea el infierno.
Miro mi cara en el espejo para saber quién soy, para saber cómo me portaré dentro de unas horas, cuando me enfrente con el fin. Mi carne puede tener miedo; yo, no.

4 orballando, e ti?:

O Traveseiro disse...

Eu a vin hai xa tempo, cando se estreou, e moloume bastante. Lembro o que comentas do envelenamento dos Goebbels. En vez de poñer cando lle dá a pilula ao primeiro para que sobreentendamos que envelena a todos, nos poñen un por un, para que resulte máis arrepiante. E logo, cando un deles dase de conta de que o roio e chungo e non está pola labor de tomarse nada.

Quédome tamén co detalle de cando un oficial saca a pipa e se pega un tiro na cachola ante a total indiferencia do que está ao seu carón. Coido que foi así, porque xa che digo, vina hai tempo.

Mr Tichborne disse...

(atención ós que ides ver a peli: espoiler coma un piano!)
A escena é ainda máis arrepiante. Mamá Goebbels fai adormecer os seus fillos cun somnífero. Como ti dis, a filla maior chéirao e non quere tomalo, mais obríganlle. Xa de noite, cos nenos durmidos e drogados, a nai mételles a cápsula de veleno na boca.
Disque os Goebbels pais suicidáronse tamén con veleno, e non dun disparo, como aparece na película, mais o dos nenos é verídico.

O Traveseiro disse...

Para espoiler unha vez que escoitei en "El Larguero" unha entrevista de De la Morena coido que a Raúl, que acababa de sair do cine. Vai e lle pregunta "¿Qué peli fuiste a ver?" "'Lo que la verdad esconde'", resposta el. E vai De la Morena e salta "Buena película, lo que no me gustó fue que el malo sea Harrison Ford, no le pega".

Era para pisotearlle os collóns, porque a peli se acababa de estrear e ese programa radiofónico o escoitan uns cantas miles de persoas.

文章 disse...

avdvd,色情遊戲,情色貼圖,女優,偷拍,情色視訊,愛情小說,85cc成人片,成人貼圖站,成人論壇,080聊天室,免費a片,視訊美女,視訊做愛,免費視訊,伊莉討論區,sogo論壇,台灣論壇,plus論壇,維克斯論壇,情色論壇,性感影片,正妹,走光,色遊戲,情色自拍,kk俱樂部,好玩遊戲,免費遊戲,貼圖區,好玩遊戲區,中部人聊天室,情色視訊聊天室,聊天室ut,成人遊戲,免費成人影片,成人光碟,情色遊戲,情色a片,情色網,性愛自拍,美女寫真,亂倫,戀愛ING,免費視訊聊天,視訊聊天,成人短片,美女交友,美女遊戲,18禁,三級片,自拍,後宮電影院,85cc,免費影片,線上遊戲,色情遊戲,日本a片,AV女優