(Foto de Eduardo Gageiro. Un militar descolga a foto do ditador, non sei se Salazar ou Caetano)Cando alguén ouse criticar a Portugal, e non digo que ás veces non teñan razón, lembrade que os seus ditadores, coetáneos do noso, non morreron na cama e no poder e non puideron condicionar o futuro do seu país trala súa caída. Lembrade que os portugueses botaron a eses camándulas e que hoxe son unha República libre.
Esta canción ó soar na radio tal día como hoxe do 1974 foi o sinal para iniciar o golpe contra a ditadura, o que sería logo chamada a Revoluçao dos Cravos (Caraveis). Como curiosidade, foi estreada na nosa terra. José Afonso tocouna por primeira vez en directo en 1972 en Compostela.
Feliz 25 de Abril a todos.(Vaia tamén polo pasado 14 de Abril)
O Povo é quem mais ordena.






0 orballando, e ti?:
Postar um comentário