06 Maio 2009

Tours


Estiven en Pascuas por Tours e Paris. Tours é unha cidade algo menor cá Coruña no corazón de Francia. Toda a rexión está inzada de pazos e castelos señoriais, fermosos xardíns, igrexas e conventos e adegas de viño. E de literatura, pois aquí morou Pierre de Ronsard e naceu o grande Balzac. Sen dúbida é unha fermosa cidade.
(acó un pequeno álbum fliqueiro da visita)

A praza de Plumereau, sempre un fervedoiro.

Amboise, fermosa vila da rexión cun impresionante castelo real á beira do Loira. Aí está soterrado nada menos que Leonardo da Vinci, posto que pasou no castelo os seus últimos días. Tamén o último rei de Alxeria antes da ocupación francesa, nunha especie de secuestro dourado.


Esta é dun parque en Saint-Cyr-sur-Loire, enfronte a Tours, que me fixo moito aquel. Está adicado á literatura e podes pasear entre citas literarias e prumas xigante ou xogar coas letras xigantes.

En canto á fermosa catedral de San Caetano, mellor a admirades na foto que colguei hai un mes, cedida por San Google. Canda a miña estadía tiña uns antiestéticos andamios :(


0 orballando, e ti?: