Este é o máis discreto que atopei pola Alta Austria, patrocinado por Michelin. Achtung Kinder = Coidado, nenos!

Ou este, algo minimalista.

Pero este, esa monxa de Modigliani sobre fondo vermello, eses ollos desorbitados, pregando "Por favor, non tan rápido"... eu aceleraría.

"Ten tino, conductor: UN neno". Este singular atérrame. Polo deseño, parece unha crianza inofensiva. Mais non está escalado, se cadra é un raparigo de tres toneladas.

Fáltame o mellor, porque non levaba a cámara enriba: un cartaz absolutamente barroco con nenos con balóns e monopatíns: "Nenos: son máis rápidos do que un se pensa".
E para broche este, ainda que non teña nada que ver co tema. Posto por un granxeiro moi farto de que os do lugar e os domingueiros leven os seus canciños
E ó volante lembrade: "Detrás dunha pelota sempre vén un neno". Así que apuntade ben!






2 orballando, e ti?:
Que mediño! Unha razón mais para que me dean repelús os nenos. Poden tirarse contra o coche e aplastarte!
E cousas peores!!!
Postar um comentário