Pois vese que os bávaros son igual de romanticóns cós ianquis, ainda que claro, o seu xeito. Sorprendeume esta nova da sección "chorra" da Voz cando situou os feitos na miña querida Regensburg (Regensburgo, rebautízana os do xornal, o seu nome nas linguas latinas e supoño que tamén en galego é Ratisbona). Pois o bo de Herbert para pedirlle en matrimonio á súa amada Ruth non tivo mellor idea que publicar un anuncio a unha páxina no diario local, o Mittelbayrische Zeitung (así se escribe, mais perdóollo ó xornalista de aquí porque o nomiño é rabudo). Entroutras cousas argumentaba no anuncio que "Como es unha muller ben lida -traballa nunha libraría, que envexa- pensei que che gustaría mellor ler esta petición ca escoitala". Por suposto a Ruthiña faltoulle tempo para dicir que si. Mirade que feliz se lle ve. Moita sorte!
(Foto do propio xornal Mittelbayrische Zeitung)

Era por comentar algo amable da cidade na que vivo e que sae na prensa internacional, cousa rara. Ou non tanto. Para algo tivemos o primeiro caso de gripe porcina (ou "gripe nova") de Alemaña ou o affaire do sapo, xa comentado aquí.
Abro enquisa, sobre todo para as féminas (non exclusivamente): Gustaríavos recibir unha declaración semellante?






5 orballando, e ti?:
Home, pois non... A min estas cousas danme un chisco de vergoña allea. Xa me dá vergoña ver á xente casar, en xeral, con aqueles ritos estraños e aquel protagonismo dos novios que sempre penso que non os deixan realmente gozar dese día que, se o celebran, debe parecerlles tan especial. Pero esas pedidas públicas, na tele ou agora nun xornal, son do máis horera que vin na miña vida! Eu son partidaria da parella, pero non acabo de entender o matrimonio. Levo máis de trece anos vivindo así, temos unha nena, e síntome tan unida e cun núcleo familiar tan sólido coma os que casaron. Iso si, non teño cubertería chula, nin todas esas cousas que a xente regala nas vodas, que lle imos facer...
Home, orixinal e público si é. En todo caso eu estas cousas prefíroas mais íntimas.
Non, nin que se me declararan pola tv, nin cunha desas pancartas que se poñen nas pontes das autostradas, nin...
son tímido de máis para iso.
Coido que preferimos todos algo máis íntimo (á parte de que nos guste o matrimonio ou non). Eu personalmente non me imaxino poñendo un anuncio disos. E se vexo un para min da miña parella, non sabería como reaccionar.
Un saúdo a todos.
Para gustos hai cores e semella que lle gustou á moza.
Eu non sería capaz de facer iso pero non me desgradaría que me expresase o seu amor alguén desa forma.
Postar um comentário