25 Junho 2009

Little Miss Sunshine





Moito gustei desta película. Xa ten uns anos, mais non a encetei ata hai pouco.
Resumindo, unha nai de familia acolle ó seu irmán na casa, que vén de tentar suicidarse por desamor con outro home. Mais axiña veremos que eles dous son as dúas persoas máis normais baixo ese teito. O marido da muller é o típico pater familias ianqui, que fala todo o rato de "gañadores" e "perdedores", un imbécil ó que odiamos e logo collemos agarimo. O fillo maior non fala por non sei que ensinanza de Nietzsche e comunícase escribindo notiñas. O avoíño, o puro contraste co seu fillo: drogadicto, gamberro, malfalado... encántame. Mirade a que lía porque lle traen polo para cear:



E unha meniña pequena, obsesionada cos concursos de beleza. Aí arrinca a historia: a rapariga é admitida nun deses aterradores concursos americanos de beleza infantil en California e todos se embarcan nunha tola viaxe cara aló na vella furgoneta, un vello cascallo ó que hai que arrincar empurrando, porque só funciona a partir da terceira marcha, e da que a buguina soa todo o tempo sen que se poida parar (imaxínense ese bruído durante miles de millas).


ATENCIÓN: SPOILER. Se queres ver a película, vou proceder a esnaquizar o final. Quen avisa non é traidor. É avisador (evidentemente).

A escena cume da película é a actuación da pequena no concurso de beleza. Teno cru fronte as súas competidoras, uns monstros profesionais de tales farándulas, por outra parte arrepiantes. Mais non pasa nada, á nosa meniña aprendéralle antes un número de baile o seu avoíño. Apoteósico.



Na escea de enriba falta o mellor. No público, a carón do pai da cativa senta un ghevarra de tatuaxes e chupa de coiro con cara de morrer de noxo, seica ten algo que ver con algunha das nenas candidatas e estaba farto de acudir a eses espectáculos horrendos. Xusto despóis da performance da nosa heroína o nacho ergueuse todo emocionado, facendo cornos coas dúas mans coma nun concerto de Judas Priest e berrando poseído YEEEEEEEEEAAAAAAHH!!!!

4 orballando, e ti?:

Ra disse...

La peli es una pequeña joya.

Me encantaron uno a uno los papeles de los personajes, sobre todo el tío y el abuelo.

Beso.

Raposo disse...

Non vin a peli, pero todos os que a viron faláronme moi ben dela.
Así que un día destes terei que pasar polo videoclub a correxir esta carencia cinmatográfica miña.

maruxiña disse...

Hola, descubrín por casualidade o blog, non podía pasar sen comentar nesta entrada, pq. a mín tamén me encantou a película, merece moito a pena, sí.

Biquiños mil!!!

Mr Tichborne disse...

Eu recoméndovola. E Maruxiña, benvida, esta é a túa casa.