
(Alicia fala co Gato Sorrinte)
- Poderías dicirme cal camiño debo seguir?
- Iso vai depender de cara onde queiras ir, respostou o gato.
- Ouh, iso éme igual, dixo Alicia.
- Daquela é tamén igual o camiño que tomes, opinou o gato.
- O principal é chegar a algures, engadiu a nena.
- Iso é seguro se camiñas dabondo, dixo o gato.
(...)
Alicia tentouno con outra pregunta:
- E quen vive nesa chousa?
- Alí -o gato sinalou coa súa pouta dereita- vive o Sombreireiro. E aló -sinalou desta vez coa pouta esquerda- vive o Coello de Pascua. Podes visitalos, se queres. Ámbolos dous están tolos de vez.
- Mais non teño gana ningunha de visitar tolos, protestou Alicia.
- Ouh, iso non se pode evitar! -sorriu o gato.- Nesta terra están todos tolos. Eu estou tolo. Ti tamén estás tola.
- Como sabes ti que estou tola?
- Se non non estarías aquí -respondeu o gato.
(Texto traducido da edición en alemán de Alicia no País das Marabillas, Lewis Carroll, Alice in Wunderland, Deutscher Taschenbuch Verlag, 1973. A ilustración é obra de Frans Haacken e é tomada do mesmo libro.)






0 orballando, e ti?:
Postar um comentário