Vivir para ver: as autoridades dos USA acaban de desaconsellar ós seus cidadáns visitar Garmisch-Partenkirchen, situándoo ó nivel de Basora, Kabul ou Pyongyang.
Onde está iso? Se cadra prendestes a tele calquera resacoso Primeiro de Xaneiro na Segunda e vistes un concurso de saltos de esquí, do máis hipnótico nese estado de amerdamento fisiolóxico. Pois iso celébrase en Garmisch, un enclave nos Alpes bavareses do máis famoso entre turistas e esquiadores, que buscan bonitas paisaxes, tranquilidade e neve. Tranquilidade? Que demo pasou aló, logo?
Seica houbo unha liorta do máis absurda (sempre son absurdas) nun local nocturno calquera entre turistas americanos, un deles empregado civil do Exército, e varios alemáns de orixe turca. Un destes últimos ameazou ó marchar que "xa volverían con máis" dos seus para darlles ós ianquis ó seu merecido, bardallada que ó igual que tódalas bardalladas, non chegou acontecer. Un denunciouno ó consulado, a cousa transgrediu e por mor da histeria antiterrorista unha desagradable anécdota mudou nunha bola de neve baixando polo Zugspitze a rolos e rematou con esa especie de advertencia absurda, temendo se cadra que as tropas de Atatürk irrompan na alpina vila á caza de cabeleiras norteamericanas, coa conseguinte regueifa diplomática entre os tres países, USA, Alemaña e a súa tranquila Baviera, que non sabe que ten que ver todo isto con elas, e Turquía, que ainda menos. É máis doado que un americano teña unha liorta en Michigan ca en Garmisch, coa diferencia que no primeiro lugar é máis probable que alguén amose un arma de fogo.
En fin...
Na imaxe, tomada da Wiki, soldados turcos entrenan en Anatolia para tomar Garmisch no próximo concurso de saltos e liala parda. Mantereilles informado.






3 orballando, e ti?:
Paulina, (escribo en castellano porque no sé si entiendes el gallego, ya que eres de México), no he suprimido tu mensaje como signo de hostilidad, sino porque no me pareció apropiado para este blog. Ni tampoco la temática del tuyo, por lo que pude ver mayoritariamente sexual. No lo veo ofensivo, pero no es compatible con el espíritu de esta página.
Has insertado un texto en el que dices buscar "conocer gente" y, por lo que vi, no descartas contar esos encuentros en tu blog ni publicar fotos. No tengo nada en contra de ello, pero esta no es la plataforma adecuada. Para hacer "amistades" hay mejores herramientas, como las redes sociales (Facebook, Orkut), páginas de contactos... no blogs en gallego con lectores al otro lado del Atlántico. De todos modos, supongo que harías lo mismo por otros muchos blogs, pero mi deber es preocuparme de éste.
Por otra parte suprimí tu comentario por seguridad: la tuya propia. Haces públicos tus números de teléfono, tu dirección, dónde y cuándo se te puede encontrar... te advierto que eso puede resultar peligroso. En internet pulula mucho hijo de la chingada :) Ten más cuidado.
Eres bienvenida cuando quieras a esta página, como lectora y comentadora, pero este no es el lugar más apropiado para tu publicidad y tus anuncios personales.
Un saludo. Y suerte.
Estes ianquis sempre dando a nota, desafinando quero dicir.
Postar um comentário