Se un coñecido che propón ir ver un documental sobre un científico vellote que fala sobre a súa vida, posiblemente non teñas que elaborar unha excusa moi elaborada para non ir. Mais se cadra dislle que si, movido por un interese erótico/intelectual/morboso/económico sobre ese coñecido ou coñecida, e daquela, alén dese interese realizado ou frustrado sobre a butaca de a carón, podes levar unha agradable sorpresa.
Eric Kadel é un prestixioso investigador americano nacido en Austria. Grazas a el coñecemos mellor o noso cerebro e os procesos de memoria e aprendizaxe, que é, como el di, o que nos define como persoas: como aprendemos e como lembramos. Tras ser recoñecido co Premio Nobel escribiu o libro Na procura da memoria (In search of memory, aquí unha vista da súa edición en castelán, En busca de la memoria) para divulgar as súas pescudas, e agora ve a luz nas salas o documental do mesmo título dirixido por Petra Seeger, unha coprodución alemana (Auf der Suche nach dem Gedächtnis, aquí a páxina oficial).
O octoxenario Kadel, por suposto, é o protagonista absoluto do documental. Fala das súas pescudas, do seu traballo, da memoria, mais tamén da súa propia memoria: de como a súa familia fuxiu de Viena cando era cativo, canda a anexión de Austria pola Alemaña nazi, a memoria da súa muller, que fuxiu de Francia en circunstancias semellantes, das súas lembranzas vienesas, os valses, os seus comezos difíciles na investigación, a chamada de Estocolmo, a súa relación co xudaísmo... Del din que é a rockstar da neuroloxía, el amósase coma un tipo san, modesto, simpático, dunha viveza intelectual envexable e un bo humor a proba de bombas, o seu riso é a banda sonora desta película. Para termos a idea dun home que se pasou grande parte da súa vida fechado nun laboratorio porén abráianos o seu poder de comunicación e a súa empatía co interlocutor. No debe do documental, ese gusto por recrear o pasado con esceas en branco e negro representadas por actores, non todo ía ser perfecto.
Velaquí o trailer. Coido que non se estreou en español, así que vai en inglés, con subtítulos en doixe, que sempre axudan.
A min entretívome, fíxome pensar no que é a memoria, lembrar. Un dos progresos de Kadel é unir a anatomía e a bioloxía coas correntes da psicoloxía e a psicoanálise. E como cadaquén ve un filme distinto, eu vin un filme de acentos. Kadel, case setenta anos nos EEUU, fala un perfecto inglés e un alemán máis dificultoso. Moitos dos que traballan no seu laboratorio son estranxeiros, e óense acentos indios, hispanos... Se cadra algún cóntanos a súa vida dentro de décadas.
Kadel conta a anécdota de como o seu pai valorou que o seu irmán era "o intelixente" e que Eric era en cambio o máis atractivo, polo que adoitaba dicir que aquel debía adicarse a estudar e que Eric remataría en Hollywood. "And here I am", Aquí estou, en Hollywood, remata o protagonista do filme.

0 orballando, e ti?:
Postar um comentário