06 Julho 2009

Zukunft ist bunt


A cinco minutos da miña casa, un pintor de fachadas decidiu pintar un edificio da súa propiedade desta guisa que vedes na foto. O Concello fala de Ordenación Urbana e de que hai que pintalo de branco inmediatamente para que non desentoe co entorno (outros edificios rectilínios semellantes, aburridos, ensanche anos 70), o pintor fala de Liberdade Artística e de que seica non. A polémica transgrediu os límites da aburrida política local e está nos xornais nacionais. Os dous grandes temas da sociedade alemana: orde fronte a liberdade.
Por aquí hai un dito: "Zukunft ist bunt": O futuro é multicolor.

1 orballando, e ti?:

Matachin disse...

O de facer casas que non se integren co entorno vai por barrios.

En Galicia se deixas a casa sen recebar, ou so tabicas unha planta ou unha parade atravesa un horreo chamanlle "feismo" :)